Aberto en Narón o prazo de inscrición en dous cursos na plataforma Cemit

A plataforma Cemit mantén aberto o prazo de inscrición en dous novos cursos, un sobre “Usos cotiáns da Intelixencia Artificial” e outro de “As múltiples utilidades de Canva”, de 168 horas cada un.

Así o indicou o concelleiro de Novas Tecnoloxías do Concello de Narón, Román Romero, que explicou que estas dúas accións formativas comezarán o vindeiro 4 de setembro na Aula Cemit de Xuvia e rematarán o 31 de outubro.

A acción formativa de “Usos cotiáns da Intelixencia Artificial” impartirase en quenda de mañá, de 9:30 a 13:30 horas e abordaranse contidos como: introdución á Intelixencia Artificial; ChatGPT e asistentes virtuais; IA nos medios de comunicación; edición de fotos e vídeos con IA; aplicación de balde con IA; IA en redes sociais; IA na educación; Achegamento á IA na vida cotiá, etc.

As inscricións poden realizarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/46894.

No caso do curso sobre “As múltiples utilidades de CANVA”, impartirase en quenda de tarde, de 16:00 a 20:00 horas, cos seguintes módulos: introdución a Canva; fundamentos do deseño gráfico; creación de presentacións, deseño de folletos, carteis e material impreso; creación de infografías; invitacións e tarxetas personalizadas; utilidades diarias de Canva; deseño de imaxes para redes sociais; creación de vídeos, etc.

Neste caso, as inscricións poden realizarse no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/46893.

En ambos casos as persoas interesadas poderán anotarse de balde, estando limitada a asistencia a cada curso a un máximo de 12 persoas

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle un espectáculo de danza e música tradicional

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado 30, ás 20:00 horas, un espectáculo …