Narón celebra o Gulliver Fest

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a Concelleira de Turismo, Natalia Hermida, desprazáronse á zona da área recreativa de Pedroso para presentar xunto con Ángel Sánchez e Martín Vázquez, da Asociación FurgoGalicia, a quinta edición do Gulliver Fest do 9 ao 11 de agosto na área recreativa de Pedroso.

Este festival da cultura viaxeira, no que xa se formalizaron máis de 350 inscricións, desenvolverase do 9 ao 11 de agosto na citada ubicación, ofertando á cidadanía unha ampla variedade de propostas pensadas para todos os públicos, entre elas concertos, obradoiros e as recoñecidas charlas viaxeiras.

O Concello de Narón organiza a convocatoria co Padroado da Cultura e a Asociación FurgoGalicia.

O día 9 de agosto ás 10.00 horas abrirase a zona camper de autocaravanas. As persoas que desexen acudir coas súas furgonetas, caravanas e autocaravanas poden reservar praza –capacidade limitada- a través da web www.gulliverfest.es, onde se ofrece toda a información deste evento.

A apertura oficial do festival será ás 16.00 horas e ás 16.30 comezará o obradoiro de Upcycking “Longa vida” para continuar ás 17.00 horas con Dog Aventure, Taller de reducción do estrés canino.charla. Ás 18 horas, “Mundo sin rumbo, Europa en bicicleta” e ás 19 horas, “Worknature, primeiros auxilios na natureza aplicado ao mundo camper”. Ás 20.00 horas comezá a música da man dos grupos La Duendeneta, Superglú e The Honkie Blues Band.

As actividades deseñadas para toda a fin de semana e os concertos son de acceso libre.

O sábado ás 9.00 horas haberá unha sesión de Ioga e ás 10.00 horas desenvolverase unha carreira de orientación, cun carácter popular e para a que haberá que inscribirse, podendo facelo a través da propia web do festival.

Ás 10.00 horas unha nova charla viaxeira, con Íñigo Echenique, “Viaxar como nómadas dixitais”. Seguirá o programa ás 11.00 horas con outra charla viaxeira “El Mono Migrador, emprender a Panamericana en Familia”.

A apertura do mercado e a bilioteca dende as 12.00 horas, a reprentación de Teatro sobre Rodas “Ambicións”, e o concerto de “The Soulers” completan a mañá do sábado. Ás 16.00 horas comezará unha nova obra de teatro “Que buen día, e de 17 a 20 horas haberá obradoiro de chapas. Ás 18.00 horas retómanse as charlas viaxeiras con Mamadou Dia e Laura Feal, “Espejo, reflexarse na vida do outro” e, as 19:00 horas, Pablo Nemo “800 días camiñando por África”.

Dende as 20.00 horas actuarán Fanfarria Takikardia, La Ganga, La Duendeneta e Festicultores Troupe.

O último día, o domingo 11 comezará a cita con ioga ás 9.00 horas. Á partir das 10:00 horas charlas viaxeiras de Aralia Loicherten, “De un diario a un libro de viajes”, e Cristina Reyes con “Volta ao mundo con discapacidade auditiva”.

A partir das 11.30 horas haberá xogos populares e dende as 13.30 música con Batukada Tambores da Lagoa, Broke Peach, Kumpania e finalmente ás 19.00 horas pechará o festival La Duendeneta.

Dende o Concello e a Asociación FurgoGalicia destacouse a programación desta edición e animouse á cidadanía de Narón e doutros concellos a acudir a esta cita, unha das máis consolidadas na cidade e que reúne cada ano a centos de amantes dos viaxes.

“As charlas viaxeiras, a música, as actividades infantís, deportivas e obradoiros compaxínanse á perfección nun espazo natural dos máis prezados da cidade para desfrute de todas as persoas que desexen vivir esta experiencia”, destacaron dende o Concello.

Lea también

72 persoas participan en Narón nos obradoiros do proxecto municipal aCLIMAtarnos

A Casa da Mocidade acolleu o primeiro dos obradoiros do proxecto “aCLIMAtarnos”, sobre concienciación ambiental …