A delegada da Xunta en Ferrol e o alcalde de Fene mantiveron unha reunión de traballo

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, realizou na mañá deste luns, día 29, unha visita institucional ao concello de Fene, acompañada do seu alcalde, Juventino Trigo, co que mantivo unha reunión de traballo para abordar asuntos de interese municipal vinculados coa Administración autonómica.

Así no encontro Trigo interesouse en varios proxectos vencellados ao transporte e á mobilidade que a delegada se comprometeu a trasladar á dirección xeral para o seu estudo. Ambos responsables abordaron ademais a situación administrativa actual do punto limpo de Vilar do Colo de cara á súa próxima apertura, así como a concesión de diferentes liñas de subvencións.

A este respecto, a delegada lembrou a recente concesión dunha achega de preto de 46.000 euros dentro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 e outra de 28.000 euros para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral esta anualidade.

A reunión forma parte da rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo cos alcaldes, axentes sociais e socioeconómicos da zona para tomar o pulso ás necesidades e prioridades coa fin de achegar a Administración autonómica aos veciños da zona e axilizar a comunicación destes co Goberno galego.

Lea también

Ortigueira presenta un variado programa de actividades para la Navidad

El Concello de Ortigueira ha diseñado una completa agenda de actividades navideñas que promete llenar …