Psoe Ferrol versa sobre a xestión dos areais e presenta varias preguntas a pleno

Os socialistas instan ao Goberno de Rey Varela «a que si quere facer unha nova regulación dos aparcadoiros das praias que o faga, pero que deixe de marear á veciñanza». «O Goberno Rey Varela xa leva a mitade do seu mandato no que se refire á xestión dos areais en época estival, este é o seu segundo verán e segue a velas vir», afirman

O grupo municipal socialista afirma que «Non está Ferrol para estigmatizar ningúnha tipoloxía de turismo, as autocaravanas teñen que ser ben recibidas na nosa cidade, non son un problema senon unha oportunidade de captación turística, hai que facilitarlles a súa estancia na nosa cidade, pero convivindo de maneira ordeada co resto de usuarios das praias».

«No mandato anterior iniciouse esta ordeación, limitando a pernoctación e creando algún espazo para o uso deste tipo de vehículos, medidas que, ainda que sempre poden ser millorables, marcaban un camiño claro e lóxico de cómo ordear os aparcadoiros dos areais da nosa contorna».

«O pasado 15 de xuño o alcalde manifestaba que había que poñer limitacións, especialmente ao tema das caravanas, que viña ocasionando bastantes problemas. O 7 de xullo, a concelleira de Movilidade e Seguridade, a Sra. Pieltain, anunciaba que o Concello estaba ultimando unha serie de medidas para poñer coto ao aparcamento indiscriminado de este tipo de vehículos no litoral durante o verán».

“O certo é que na Comisión de Movilidade e Seguridade desta semana a Sra. Pieltain non soupo decir qué se ía facer, nin ónde, nin cómo, nin cándo, xa que se falou de novas retriccións en nove praias pero non sabía cales eran, incluso chegou a falar de prohibir o acceso a algúns areais tanto de caravanas como de calquera outro tipo de vehículos, por exemplo á praia de Marmadeiro” afirmou o concelleiro socialista Germán Costoya.

“O Goberno de Rey Varela ten que centrarse un pouco, a veciñanza non pode estar día si e día
tamén escoitando propostas que logo non se levan a cabo ou mesmo se nega que se haian feito, ten que ser serio e deixarse de ocurrencias, xa leva a mitade do seu mandato no que se refire á xestión dos areais, este é o seu segundo verán e seguen a velas vir”, continuou Costoya..

“É unha pena que o único que ten claro o PP é que cantas menos zonas peonís haia e máis coches circulen libremente polo barrio de A Magdalena millor, tan só lle falta aproveitar a Praza de Armas como aparcadoiro de autocaravanas”, ironizou o concelleiro socialista.

Asimesmo, no pleno deste mes de xullo, Psoe Ferrol formulou un par de preguntas. Nunha delas expresa o seguinte

«O pasado 25 de marzo, aprobouse unha moción, por iniciativa do PSOE, co apoio favorable do PP e de FeC, e coa abstención do BNG, para incorporar o nome de Isidro Silveira ó estadio Municipal, cuio texto literal di o seguinte»:

“O Pleno da Corporación insta ó Goberno Local a iniciar o expediente de honras, a través do departamento de protocolo, facer as consultas pertinentes e a tramitación e organización de todos os trámites necesarios para acadar o consenso e incorporar o nome de Isidro Silveira ó Estadio Municipal”

«Dado que estamos a 29 de xullo, xa pasados catro meses dende a súa aprobación e a menos de tres semanas de comenzar a liga 24/25, pero non temos coñecemento do estado no que se atopa dito procedemento, dende o Grupo municipal socialista facemos a seguinte pregunta»:

«¿Qué avances se teñen feito en dito expediente, en qué estado se atopa a día de hoxe, cáles son os trámites que faltan por facer e en qué data aproximada se estima que se podería facer efectivo o novo nomeamento?»

E con respecto á outra pregunta o grupo socialista formulou a seguinte «Levouse a cabo alguna xestión para a celebración da comisión de seguimento do Transporte Público en relación coa folga?»

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …