O pavillón Campo da Serra acolle o Impact Returns Narón 2024

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, xunto coa concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentaron acompañadas do presidente da Asociación Cultural Impact, David Melchor, a undécima edición do Impact Weekwed, que se desenvolverá esta fin de semana, venres pola tarde e tamén o sábado e o domingo, no pavillón Campo da Serra.

O evento,que conta xa con seis exitosas edicións na cidade está superando todas as expectativas con número récord de asistentes e aínda coas inscricións abertas.

O Impact Weekend estase a consolidar como unha cita imprescindible para os afeccionados ao xogo Magic the Gathering, atraendo a xogadores non só de Narón e arredores, senón tamén de toda Galicia, Asturias e outros lugares como Bilbao, Barcelona, Cádiz, Valencia e Tenerife.

Este ano, grazas a unha eficaz campaña de difusión a través de redes sociais e sesións previas de streaming, o evento contará coa presenza de xogadores internacionais de Italia, Portugal e Alemaña, entre outros, sumando máis de 400 participantes en diferentes torneos.

As actividades darán comenzo o venres ás 14 horas coa final nacional dun torneo de Legacy, onde os xogadores clasificados das diferentes rexións do Estado competirán por dúas prazas para a final europea que se celebrará en Italia.

O sábado, ás 10:00 dará comenzo o torneo principal Impact Returns de Legacy, que se estenderá durante todo o día. Tamén terán lugar torneos do novo xogo de cartas One Piece e competicións de Pioneer, Commander, trials Modern e cube draft de Vintage.

O domingo o Torneo Impact Returns Modern terá todo o protagonismo, superando a asistencia de anos anteriores. Durante o día, tamén se levarán a cabo eventos adicionais One Piece e MTG dos formatos Pauper, Premodern e Vintage, cerrando unha fin de semana chea de emoción e competición

Os afeccionados poderán seguir os torneos en directo a través da plataforma www.twitch.tv/impactreturns , con comentarios de casters nacionais e internacionais.

Lea también

72 persoas participan en Narón nos obradoiros do proxecto municipal aCLIMAtarnos

A Casa da Mocidade acolleu o primeiro dos obradoiros do proxecto “aCLIMAtarnos”, sobre concienciación ambiental …