O concello de Ferrol conmemorou o Día de Galicia coa tradicional ofrenda floral

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiu na mañá deste luns, día 22,  o acto institucional conmemorativo do Día de Galicia na Praza do Himno Galego, en Esteiro, ante o monumento a Xosé Fontenla Leal, onde se realizou a tradicional ofrenda floral. Ao acto asistiron o primeiro tenente alcalde, Javier Díaz; voceiros  do grupo municipal  do PP. María del Carmen Pieltain; de FeC, Jorge Suarez; do BNG, Ivan Rivas; o  concelleiro de Cultura, José Ponte Far; e outros membros da corporación municipal; o presidente da Autoridade Portuaria, Francisco Barea; o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos; a vicerreitora do Campus Ferrol, Ana Ares Pernas; e representantes de diferentes entidades da cidade. Tamén acudiron membros do grupo de danzas e da masa coral do Real Coro «Toxos e froles» que que puxeron baile e música ao acto.

As nosas raices, as nosas tradicións e todo aquilo que nos une como galegos

Tomou a palabra Rey Varela  quen sinalo que «A celebración do Día de Galicia é a mellor ocasión para reunirnos  nesta praza do Himno Galego por varios e fundamentais motivos,  como o son lembrar as nosas raices, as nosas tradicións e todo aquilo que nos une como galegos.

E facémolo  en torno ao monumento que preside este espazo público e que está adicado  a Xosé Fontenla Leal». 

 O rexedor lembrou a figura de Fontenla Leal, persoeiro clave na creación da Real Academia Galega e divulgador incansable da cultura galega desde Cuba, país ao que emigrou xunto a seus pais.

«Tamén  desde Cuba tivo unha importante participación na difusión do himno galego, ao que puxeron música e letra  Pascual Veiga  e Eduardo Pondal, outros dous destacados persoeiros galegos cuxos nomes identifican sendas rúas  que abrazan esta praza.

Este ilustre ferrolán forma parte  dunha longa lista de nomes que levaron a nosa cultura  aló onde foron»

Nas súas verbas tamén lembrou a outro ilustre ferrolán, Gonzalo Torrente Ballester, a quen o Concello está a dedicar este ano 2024 no 25 aniversario do seu pasamento.

Torrente pasou gran parte do tempo da súa infancia  na casa dos avós maternos, en Serantes.

O contraste entre esa fantasía desenvolta  na casa de Os Corrais e a lóxica dunha cidade moi racionalista e unha  das principais características  do seu legado.

Os ferroláns sentímonos orgullosos de que a nosa terra fose fonte de inspiración para a súa obra, de incalculable valor na cultura  e na sociedade actual»

Ricardo Carvalho Calero foi outro dos persoeiros que mencionou o alcalde durante as súas palabras, coas que enxalzou os elementos diferenzadores da terra galega, como a lingua, a música, a arte ou o folclores, así como aqueles singulares da cidade departamental, como o Real Coro Toxos e Froles.

«Por iso cumpre poñer en valor ás persoas que sentaron  as bases da nosa cultura, pero tamén é igual de necesario traballar no presente  cunha  ollada dirixida ao futuro para seguir mantendo vivo o que nos identifica como galegos».

«A lingua, a música, a arte, o folclore, a gastronomía, e todo aquilo polo que cada vez máis a nosa terra é admirada non só por nós mesmos senón tamén por aqueles que non gozan da mesma sorte ca nós vivindo nesta terra«.

Lembrou tamén a «un dos máximos expoñentes das tradicións ferrolás, a Festa das Pepitas, que aspira a elevrar o seu recoñecemento de interés turístico rexional a nacional»

O galeguismo integrador

O alcalde da cidade tamén reivindicou o galeguismo integrador “como fío condutor da defensa da nosa cultura e da nosa lingua ambos , elemento clave  da nosa identidade como pobo», asegurando que “desde Ferrol defendemos unha Galicia plural na que todos cabemos, coa que todos nos sentimos identificados e na que non debe haber espazo para a confrontación. E isto materializase hoxe  no ofrenda floral que todos os presentes faremos”. «Porque o futuro de Ferrol será mellor coa unión de esforzos políticos, asociativos e da cidadanía...» e rematando a súa intervención desexando un feliz día de Galicia a todos os presentes.

Por parte do alcalde, voceiros dos grupos do concello e asistentes realizouse unha ofrenda floral ante o monumento a Fontenla Leal, representando a Bandeira Galega, rematando co «Himno galego».

 

 

 

 

 

Lea también

La obra ‘As Mouras’ en Fene, del pontés Wedo Goás, elegida mejor mural del mundo 2025

 El mural «As Mouras», obra del artista nacido en As Pontes Edgar Goás Blanco (Wedo …