A Xunta acadará a ordenación territorial coruñesa coa elaboración do PTI da conca do Eume

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do inicio do procedemento de elaboración do plan territorial integrado da conca hidrográfica do río Eume.

 

 

 

O obxectivo deste plan territorial integrado será o desenvolvemento dun territorio ordenado e eficiente, contribuíndo a unha planificación racional dos usos do solo, tendo en conta a referente hidrolóxica, fío condutor do plan, desde a perspectiva da avaliación preventiva de danos e a xestión dos problemas hidrolóxicos.

 Terá en conta tres aspectos

O plan, que recibiu a autorización do Consello da Xunta recentemente, terá en conta tres aspectos: integración da planificación e estudo das zonas inundables; simplificación da redacción do Plan Hidrolóxico da Conca do Eume; realización dun estudo da incidencia do lago na zonificación e usos do solo.

O Plan Territorial Integrado terá como ámbito a Conca Hidrográfica do río Eume, e permitirá establecer unha análise exhaustiva e transversal coordinada e integral das diferentes políticas da Xunta de Galicia, en torno ao elemento de dimensión do novo lago de As Pontes.

A conca do Eume, sen incluír o lago, ten da orde de 55 km2 de superficie, un territorio no que é moi importante o control das actividades que se poidan desenvolver nel.

O oco mineiro da explotación de lignitos nas Pontes ten unha capacidade de 540 hectómetros cúbicos e foi enchido con auga da propia conca, e cuns recursos achegados polo Eume, controlándose as características do recurso entrante para garantir unha calidade mínima que deron resultados satisfactorios.

Concellos incluidos

Os concellos incluídos dentro do ámbito do PTI son: na provincia da Coruña: Pontedeume, Cabanas, Vilarmaior, A Capela, Monfero, Irixoa, Aranga, As Somozas, As Pontes de García Rodríguez; e na provincia de Lugo: Guitiriz, Xermade, Muras, Vilalba, Abadín. A poboación beneficiada polo plan abarca un total de 56.511 habitantes

Este plan territorial integrado, ao igual que o POL, e os seguintes que se elaboren conterán os documentos gráficos e escritos que sexan necesarios para acadar a correcta ordenación do ámbito. En congruencia co modelo das DOT e conforme aos criterios da Lei 7/2008 de protección da paisaxe de Galicia, este plan considerará a perspectiva global e integral da paisaxe.

Coordinación

Este Plan Territorial Integrado da Conca Hidrográfica do río Eume será formulado e impulsado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coa dirección conxunta do Instituto de Estudos do  Territorio e do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén participan a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, ademais das consellerías de Medio Rural e do Mar, e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Procedemento

Unha vez autorizado polo Consello da Xunta e publicado o inicio do procedemento da elaboración do plan no Diario Oficial de Galicia (DOG) notificaráselle aos concellos integrantes. Ademais será sometido a Avaliación Ambiental Estratéxica simultaneamente á súa tramitación administrativa.

Redactado o plan territorial e antes da súa aprobación inicial polo departamento director do procedemento, someterase a informe das corporacións locais referidas no número anterior e das entidades de carácter supramunicipal con incidencia na área, que o emitirán no prazo máximo de dous meses.

Co acordo de aprobación inicial adoptarase o de apertura do trámite de información pública por un período de dous meses, e solicitarase informe da Delegación do Goberno, que deberá emitilo en igual termo.

A consellería que outorgase a súa aprobación inicial, á vista do resultado da información pública e dos informes producidos, acordará a aprobación provisional coas modificacións que, se é o caso, procedan. Se con motivo das alegacións formuladas ou dos informes emitidos se tivesen que introducir modificacións substanciais en relación co documento

aprobado inicialmente, poderá dispoñer un novo período de información e consulta de igual duración có anterior.

Logo da aprobación provisional, correspóndelle ó departamento que a outorgase a súa elevación ó Consello da Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva mediante decreto.

Lea también

Ortigueira, galardonada en el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’

El Concello de Ortigueira ha sido reconocido con el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’, un …