Axenda en Narón do 18 ao 22

Do xoves 18 ao domingo 21 de xullo de 2024

Actividade: Mercado Medieval de Narón Lugar: Parque de Freixeiro

O Mercado medieval de Narón situado no Parque de Freixeiro abrirá este xoves con máis dun centenar de postos e numerosas actividades para todas as idades que se desenvolverán ata o vindeiro domingo 21.

Xoves 18 de xullo de 2024

Actividade: Cine de verán: Super Mario Bros. Hora: 22:30. Lugar: Praza do Colexio (Xuvia)

O ciclo Cine de Verán continúa na Praza do Colexio, onde se poderá ver a película Super Mario Bros. O Padroado da Cultura organiza este ciclo en colaboración coa Deputación da Coruña. A entrada é de balde.

Venres 19 de xullo de 2024

Actividade: Cine de verán: “Pérez 2”. Hora: 22:30. Lugar: Rúa Francisco Pizarro (A Solaina)

O ciclo Cine de Verán continúa na Rúa Francisco Pizarro, onde se poderá ver a película “Pérez 2”. O Padroado da Cultura organiza este ciclo en colaboración coa Deputación da Coruña. A entrada é de balde.

Actividade: Acuatlón Hora: 16:15 Lugar: Paseo Marítimo de Xuvia

Proba de promoción que se disputará na tarde do venres 19 de xullo para nenos, previa a celebración do Trishark 2024

Sábado 20 de xullo de 2024

Actividade: Trishark Narón Hora: A partir das 16:20 Lugar: Xuvia 

A proba principal formará parte do circuíto galego de tríatlon 24 e, ao mesmo tempo, clasificatoria para o campionato galego de tríatlon sprint. Haberá tamén unha proba de carácter popular, con 200 prazas, aberta ao público en xeral (maiores de 16 anos), federados e non federados.

Actividade: XXXIII Festival Internacional de Folclore. Hora: 21:00. Lugar: Parque de Freixeiro 

A cidade acollerá este sábado, día 20, a trixésimo terceira edición do Festival Internacional de Folclore organizado polo Padroado da Cultura.Nesta convocatoria actuarán a Banda de Gaitas e o Grupo de Baile Tradicional Alxibeira do Padroado da Cultura de Narón, o conxunto WICI Song & Dance Company (EEUU), o Grupo Folclórico “Los Jateros” (Badaxoz), a Agrupación de Danza Folclórica Bajnóca (Hungría) e o Ballet Folclórico Municipal “La Estrella” (Colombia).

Luns 22 de xullo de 2024

Actividade: Entroido de Verán. Hora: 16:30. Lugar: Praza da Gándara

A convocatoria dará comezo ás 16:30 horas, coa concentración de comparsas na praza de Galicia, onde ás 17:00 horas, e ata as 18:30, poderase participar en varios xogos infantís. Ao remate da sesión dará comezo a primeira actuación de BATUKin, unha formación inclusiva da ASCM.

A concentración de comparsas será entre as 19:00 e as 19:30 horas e dará paso ao pasarrúas por vías do barrio da Gándara, que está previsto que remate ás 20:30 horas.

Lea también

72 persoas participan en Narón nos obradoiros do proxecto municipal aCLIMAtarnos

A Casa da Mocidade acolleu o primeiro dos obradoiros do proxecto “aCLIMAtarnos”, sobre concienciación ambiental …