Narón habilita un plan especial de tráfico con motivo do Trishark 2024

O Concello de Narón  habilitou un plan especial de tráfico con motivo da celebración, o vindeiro sábado día 20, dunha nova edición do Trishark Narón. O edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, anunciou que a estrada de Castela permanecerá cortada ao tráfico rodado, dende a rotonda de Megasa ata a praza do colexio de Xuvia entre as 16.15 e as 19.00 horas do sábado, co fin de desenvolver o evento.

Os vehículos desviaranse pola estrada de San Xiao e o Camiño da Revolta cara aos tramos abertos da Estrada de Castela, e dende o Concello tamén se informou á concesionaria do servizo de transporte metropolitano para que os autobuses utilicen un vial alternativo.

Persoal de Protección Civil encargarase de informar na zona o propio día do evento e ofrecer as indicacións oportunas. Oreona solicitou de antemán desculpas á cidadanía polas molestias ocasionadas por esta medida, necesaria para ofrecer as máximas garantías neste evento deportivo.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …