Cerdido destina 45.466€ á renovación do parque infantil da área recreativa O Castro

Na actualidade, este recinto conta con diversos elementos nun estado deteriorado debido ao paso do tempo e ás adversidades climatolóxicas. Así mesmo, o pavimento de caucho existente está a xerar descontinuidades.

Por este motivo, preténdese executar unha nova pavimentación absorbente a impactos de caucho continuo, así como a substitución dos 6 xogos existentes,tanto os individuais como os dobres.

Segundo indica o alcalde, Alberto Rey, “a área recreativa O Castro é dun dos espazos do municipio que ten máis uso por parte da rapazada, polo que consideramos moi importante que goce dunhas instalacións óptimas, renovadas e seguras para que os nenos e nenas xoguen alí”.

“Desde o noso equipo de goberno pretendemos renovar e realizar labores de mantemento en todo o termo municipal para poñer en valor as instalacións públicas das que dispoñemos, manténdoas en bo estado para o uso da veciñanza” engadiu.

Lea también

Valdoviño refuerza el control sobre el agua para combatir la situación de prealerta por sequía

Mantiene una reunión de trabajo con Veolia en la que acuerda intensificar la campaña de …