Axenda cultural de Cedeira para este sábado

A vila cedeiresa acolle este sábado 20 de xullo, varias citas culturais e de lecer impulsadas por diferentes entidades e coa colaboración do Concello.

XXVII Festival de Habaneras, organizada pola Coral Polifónica Virxe do Mar. A partir das 19.00 horas, no Auditorio Municipal. Participan as seguintes agrupacións: Rondalla Sonidos del Alba (Ferrol), Ad Hoc Ensemble (Cedeira), Rondalla Club de Campo (Ferrol), CP Lembranzas de Santa Cruz (Oleiros) e CP Virxe do Mar (Cedeira).

Encontro Artesán Cedeira. Desde as 11.00 horas, no Paseo da Mariña. Unha celebración de artistas e talento local, que amosarán as súas variadas creacións, desde cestas, cerámica, xoias, escultura, pinturas, téxtiles, marmeladas e moito máis. Organizado pola Asociación Cultural Lugares Comúns.

Festa da tortilla, organizada pola AV Parroquia de Piñeiro no adro da festa. Dará comezo ás 12.00 horas. Trala valoración do xurado, prevista para as 13.00 horas, abrirase paso, ás 13.30 horas, á degustación popular das tortillas, con sesión vermú incluída. A continuación será a quenda para o xantar popular e un baile posterior, no decurso do cal serán entregados os premios.

Festas do Carme en Régoa. Na parroquia de Santa María de Régoa, a comisión de festas preparou para este sábado un intenso programa festivo na honra de Nosa Señora do Carme. A misa prevista para as 11.00 horas abrirá unha xornada que incluirá ao longo do día varias actuación musicais (Rondalla de Cedeira, dúo Dopaflor, María, dj Manuel o o dúo Caramelo).

Lea también

Inaugurada en el Torrente Ballester la muestra fotográfica ‘A Galicia inédita’,

El Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol ha acogido este jueves la inauguración de la …