Recepción en Narón aos menores saharauís do programa “Vacacións en paz”

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu a recepción oficial que tivo lugar no Concello aos menores saharauis que pasan este verán con familias de acollida da cidade.

No acto estiveron tamén os delegados en Ferrolterra da Sociedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), Maite Martínez e Manuel Romero; a edil de Benestar Social, María Lorenzo e outros representantes dos grupos políticos da corporación local, así como das familias de acollida.

Hafdala, Said e Mohamed, de entre 9 e 10 anos, chegaron ao Consistorio acompañados polas familias coas que pasan de novo o verán, xa que estiveron en anos anteriores na cidade. Nos vindeiros días, afastados das elevadas temperaturas dos campamentos de refuxiados de Tinfuf, en Alxeria.

Ferreiro deulles a benvida e preguntoulles como estaban vivindo os seus primeiros días deste verán em Narón, onde permanecerán ata comezos do vindeiro mes de setembro. Nunha das xornadas visitarán as instalacións do Club de Remo, ao igual que fixeran o pasado ano, dando unha volta pola ría nunha das embarcacións, tal e como avanzou María Lorenzo.

Os representantes da corporación local entregáronlles como agasallo unha mochila e tamén un vale para canxear por material didáctico.

Finalmente, antes de realizar unha fotografía de grupo no salón de plenos coa bandeira saharauí, a rexedora local desexoulles unha boa estancia na cidade e destacou o papel das familias e da Sogaps, que fan posible un ano máis a continuidade do programa “Vacaciones en Paz”, no que colabora o Concello.

Lea también

72 persoas participan en Narón nos obradoiros do proxecto municipal aCLIMAtarnos

A Casa da Mocidade acolleu o primeiro dos obradoiros do proxecto “aCLIMAtarnos”, sobre concienciación ambiental …