O Campus Industrial de Ferrol participa na X Maiker Faire Galicia

O Campus Industrial de Ferrol  amosou todo o seu potencial innovador na última edición da Maiker Faire Galicia, unha feira de tecnoloxía colaborativa que acolle este sábado 29 de xuño, de 10:00 a 20:00 horas, o Centro Comercial Área Central de Santiago de Compostela.

Ao longo de toda a xornada, o público asistente á feira puido achegarse ata o stand da Universidade da Coruña para coñecer algúns dos proxectos nos que está a traballar o persoal investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI).

Deste xeito, o grupo de investigación en Propiedades Térmicas e Reolóxicas de Materiais (PROTERM) facilitou varios tecidos flexibles e un par de soletas personalizadas en impresión 3D. O Laboratorio de Enxeñaría Mecánica achegou a súa órtese activa para lesionados medulares e unha rótula para a simulación de movemento en artroplastia total no xeonllo.

Pola súa banda, o Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL) contribuíu cunha mostra de fabricación, reparación e de mellora de pezas botando man da fabricación aditiva DED e o Laboratorio de Plásticos (LabPlast) cunhas pequenas pezas impresas con polímero e pousos de café.

Con motivo do seu décimo aniversario, a organización da Maiker Faire Galicia programou tres xornadas independentes sendo a primeira a que tivo lugar, este sábado 29 de xuño, no Centro Comercial Área Central de Santiago de Compostela.

A segunda está prevista para o 8 de novembro na sede da Fundación Laboral da Construción e a terceira, programada para o 13 de decembro, nas instalacións do Biopolo Sionlla.

O programa desta primeira feira, titulada “Emprendemento e Innovación Social”, contou con charlas, obradoiros e presentacións de máis de 45 proxectos nas categorías de Minimakers, Makers, Divulgación e Innovación Social.

Lea también

Palo Santo do Camiño, uno de los mejores quesos mundo por los “World Cheese Award

Palo Santo, con su queso curado “Palo Santo do Camiño” de 12 meses, ha sido …