300 deportistas participan na “VI Bandeira de Traiñeiras Cidade de Narón”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou este xoves 27 xunto con Bruno Vidal e José Manuel García, presidente e integrante da directiva, respectivamente, do Club de Remo Narón, a sexta edición da Bandeira de Traiñeiras Cidade de Narón, que se organiza por quinto ano consecutivo e que abrirá a Liga galega. O edil naronés destacou o feito de que participen na convocatoria uns 300 deportistas chegados de once clubs galegos.

Os integrantes do club local avanzaron que ademais, deles, participarán os clubs Samertolameu-Fandicosta; Tirán-Pereira; Urme; Cesantes-Rodavigo; Chapela-Wofco; Mecos; Mugardos-A Cabana; Ares; Cabo da Cruz e Castropol.

Os remeiros percorrerán un tramo de tres millas náuticas, algo máis de 5.500 metros, en catro longos pola zona da Gándara paralela ás Pías. A convocatoria dará comezo ás 12:00 horas e rematará sobre unha hora despois, tal e como indicaron dende a organización.

O edil de Deportes felicitou ao club de Remo Narón polo traballo realizado co fin de celebrar este evento un ano máis na cidade e desexou moita sorte aos deportistas locais que participarán no mesmo.

Lea también

Sergi Navarro, del Natación Ferrol, doble subcampeón de España junior en Castellón

El Natación Ferrol tuvo una destacada actuación en el Campeonato de España junior de verano, …