Axenda en Cabanas da fin de semana

Venres 28

Este venres celébrase o Día Internacional do Orgullo 2024. Unha data que busca reivindicar e dar visibilidade aos dereitos civiles así como a igualdade para a comunidade LGBTQ+. Con este gallo, dende o Concello de Cabanas, en colaboración co Ministerio de Igualdade, levarase a cabo unha actividade a pé de rúa, co obxectivo de fomentar o bo trato, o respeto e a diversidade.

Sábado 29

O S.C.R.D. O Loureiro realizará a partir das 21.00h a Sardiñada de San Xoán, no seu local de Lavandeira. Haberá sardiñas, pan, viño e actuación musical a cargo de Eli. Para as persoas socias será de balde, mentres que o prezo para as persoas non socias será de 10€.

Lea también

Cedeira promove a creación dunha ruta turística polos escenarios da serie «Rapa»

O novo produto turísco terá a súa estrea o vindeiro día 25, partindo do Palacete …