Os deportistas dos clubes de Remo e Natación Cedeira obteñen excelentes resultados

O goberno local de Cedeira quere poñer de manifesto os excelentes resultados que teñen acadado deportistas locais dos clubes de Remo e do Natación Cedeira en diferente competicións e felicitalos, tanto a eles como aos equipos polo seu traballo.

Oito embarcacións do Club de Remo de Cedeira participaron a pasada fin de semana no Campionato de España de Remo Olímpico que se disputou no Centro Especializado de Alto Rendemento da Cartuja, en Sevilla.

Todas resultaron clasificadas nas eliminatorias que se desenvolveron o venres e sete pasaron os cuartos de finais e semifinais, todas excepto o 1xcadete feminino de Lucía Bellas, que remou o domingo na final B, do 7 ao 12o posto, quedando no décimo lugar da clasificación xeral.

O 1xcadete masculino de Marcos Casal quedou ás portas do pódium, no cuarto posto, no comezo da decisiva xornada do domingo, a última da competición. Raquel Rodríguez e Candela Martínez acadaron a continuación o ouro e a prata na proba do 1x sub23 feminino.

O equipo 4- formado por Iván González Fraguela, Bruno López Torres, Agustín González Fraguela e Iago Ortiz Apac quedou de quinto mentres que Raúl López Iglesias e Joaquín Montero Gómez obtiveron o bronce nunha final moi disputada na que estiveron preto de levar a prata.

Para rematar a xornada volveron a remar Raquel Rodríguez e Candela Martínez, no 1x absoluto feminino, proclamándose  respectivamente gañadoras do ouro e o bronce. Os bos resultados obtidos fixeron que Raquel Rodríguez e Candela Martínez foran seleccionadas para representar a España no Campionato do Mundo sub23 que se vai celebrar en agosto en Canadá, aínda que a primeira renunciou á convocatoria.

O Natación Cedeira está tamén de noraboa.

Damián Suárez en una competición | Club Natación Cedeira Muebles García ( Fot. archivo)

O seu deportista Lucas Riola proclamouse campión de España xuvenil de triatlón, nunha proba na que o seu compañeiro Damián Suárez quedou quinto despois dunha carreira moi boa na que foi case todo o tempo en segundo lugar.

O equipo cedeirés masculino conseguiu o quinto posto entre os 50 que concurriron ao campionato, así como o séptimo lugar por equipos en categoría feminina, na que destacou a actuación de Lara Solsona, no décimo cuarto lugar.

A pasada fin de semana o Natación Cedeira tamén destacou no campionato galego de Triatlón, no que o ouro foi para Damián Suárez, con Lucas Riola desta volta en terceira posición e Samuel Sánchez na sexta. Desde o club tamén subliñan que Irene García Nebril e Noa Villadóniga Sanesteban foron convocadas para participar esta fin de semana no Campionato de España por Autonomías, que se vai disputar en Mérida.

Por outra banda, Cedeira volveu do Campionato Galego de Natación cos ouros das probas de de 800 e 400 libres, que gañou Roque Caneiro, así como o terceiro posto nos 100 metros libres. O próximo domingo, o club cedeirés participará no Campionato de Europa Biatle que se vai disputar en Madeira.

Lea también

Apertura das inscricións para a terceira ruta SendAres 2024-2025

A concellaría de Deportes vén de anunciar a posta en marcha do proceso administrativo da …