Sábado 22 de xuño de 2024
Actividade: Finais da Copa Deputación da Coruña de Fútbol. Hora: A partir das 10:00 e dende as 16:30. Lugar: Estadio municipal de Río Seco.
O estadio de Río Seco acolleu a pasada semana as semifinais da Copa Deputación da Coruña de Fútbol e este sábado acollerá as finais, masculina e feminina, nas que os equipos gañadores acadarán unha praza para a Supercopa Deputación que se disputará coas competicións homólogas que se xogan en Lugo, Pontevedra e Ourense.
O gañador da Supercopa Deputación participará na previa da Copa do Rei a vindeira tempada. A cidade estará representada polo club O Val, feminino pola mañá e o masculino pola tarde.
Actividade: Concerto de Sés e sardiñada-churrascada en San Xiao. Hora: A partir das 19:00. Lugar: Inmediacións do Centro cívico social de San Xiao.
As inmediacións do Centro Cívico Social de San Xiao acolléran unha sardiñada churrascada popular organizada pola AVV Ceibe de San Xiao que dará comezo ás 21:00 horas. Previamente haberá xogos populares e inchables e a cea estará amenizada pola Charanga Alxibeira. Ás 22:00 horas dará comezo o concerto da cantautora coruñesa Sés, organizado polo Padroado da Cultura.
Actividade: Observatorio da lúa de amorodo ou morango. Hora: 22:30. Lugar: Inmediacións da Pena Molexa (O Val).
As persoas que o desexen poderán ver a saída da superlúa de amorodo ou morango, un fenómeno que acontece cada 20 anos, segundo o historiador André Pena Graña. A convocatoria terá lugar nas inmediacións da Pena Molexa, o único monumento megalítico, tal e como indicou, adicado á lúa.
Domingo 23 de xuño de 2024
Actividade: Recolleita de Herbas de San Xoán. Hora: 10:30. Lugar: Parque de Freixeiro.
O programa municipal Guizo inclúe unha nova proposta dirixida a menores de 6 a 12 anos. Durante unhas tres horas os menores, acompañados de adultos, coñecerán as tradicións asociadas a estas herbas e os usos tradicionais de cada unha delas.