O bergantín ‘Morgenster’ chega á Coruña dentro da ruta ‘Tall Ship Camiño Inglés’

A Deputación exerce de anfitrioa na chegada do bergantín ‘Morgenster’ construído en Holanda en 1919, á Coruña, dentro da ruta ‘Tall Ship Camiño Inglés’ que recrea a peregrinación medieval por mar.

Fuente Diputación de A Coruña
 
A embarcación atracou onte no porto coruñés como parte da ruta ‘Tall Ship Camiño Inglés’. Esta ruta consiste nunha travesía marítima de oito días desde o porto inglés de Fowey, no condado de Cornualles, que recrea a viaxe que facían os peregrinos medievais para chegar a Santiago de Compostela.
Fuente Diputación de A Coruña

José Ramón Rioboo, deputado provincial, e o embaixador do Reino Unido en España, Hugh Elliott, recibiron a este grupo de 36 peregrinos que pertencen, na súa maioría, á Confraternity de St. James, unha asociación inglesa de amigos do Camiño con máis de 1.500 membros e que ten como fin promover a peregrinación a Santiago.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

“A importantísima labor da Confraternity de St. James encaixa dentro da liña de traballo da Deputación, que acumula anos de iniciativas para incrementar o grao de coñecemento do Camiño Inglés en países como Reino Unido e Irlanda. Apostamos por recuperar e potenciar a tradición deste camiño xacobeo e  mellorar as súas infraestruturas a sinalización coa instalación de códigos QR para que os peregrinos podan dispor de información no camiño”, apunta Rioboo.

Fuente Diputación de A Coruña

Rioboo e Elliott acompañaron ao grupo nos seus primeiros quilómetros de camiño cara Santiago desde a cidade da Coruña.

Á súa chegada ao porto coruñés, a tripulación aproveitou para coñecer a cidade a través dunha visita guiada organizada pola Deputación. Despois será o momento de iniciar a ruta a pé. O domingo a agrupación de peregrinos parará na capela de San Lorenzo, situada na aldea mesiense de Hospital de Bruma. A edificación abrirá as súas portas para celebrar unha cerimonia especial.

 Xa o xoves 20 está prevista a chegada da agrupación de peregrinos á Catedral de Santiago. No espazo relixioso, gozarán dunha misa con botafumeiro por cortesía da Deputación provincial, que ofrece este detalle dentro do seu plan de traballo de promoción conxunta do Camiño Inglés.

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol secundarán este jueves un paro de 24 horas

Los trabajadores de Navantia Ferrol han aprobado este lunes, en asamblea, secundar el próximo jueves, …