O Goberno de Narón sae ó paso das declaracións do BNG sobre o SAF

O goberno local de Narón, respecto ás declaracións realizadas dende o BNG sobre o despedimento dunha traballadora na empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na cidade, emitió un comunicado no que sinala que «quere manifestar que

– O despido da traballadora non era ilegal por ser unha representante sindical, como manifesta o BNG, xa que tivo lugar no mes de outubro do pasado ano e a traballadora resultou elixida representante sindical dous meses despois, en decembro.

– No caso de que fose ilegal por ese motivo sería declarado nulo e está declarado, por sentenza, como improcedente.

– Esa sentenza está recurrida tanto pola empresa como pola traballadora e está pendente da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non sendo unha administración local nin os integrantes da súa corporación os que deban pronunciarse ao respecto.

– En canto á precarización das condicións de traballo, recordarlle ao BNG que son as empresas e os sindicatos, neste caso tamén a CIG, os que tal e como recolle o Ministerio de Traballo, se encargan das negociacións colectivas coas empresas de diferentes sectores».

Lea también

Axenda en Narón do 17 ao 21 de setembro

Mércores 17 de setembro de 2025 Actividade: A voar Lugar. No Centro cívico social de …