Profesionais de toda Galicia se reúnen en Ferrol no I Encontro Galego de ETAC

Máis de 70 profesionais de toda Galicia reunen en Ferrol no I Encontro Galego de Equipos de Tratamento Asertivo Comunitario (ETAC), no salón de actos do Hospital Naval do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Este encontro está organizado polo Servizo de Psiquiatría da Área Sanitaria de Ferrol, que foi a primeira das Áreas de Galicia e terceira de España en aplicar esta modalidade de tratamento domiciliario dos pacientes con trastorno mental grave. Co obxectivo de crear un “espazo para compartir experiencias e metodoloxía de traballo”, integrantes destes equipos de toda Galicia expoñen o seu xeito de traballar, e abordan todo o relacionado con esta atención ó longo de todo o día.

Tratamento Asertivo Comunitario implica proporcionar ós pacientes con trastorno mental grave, fundamentalmente con diagnóstico de psicosis (como esquizofrenia ou trastorno bipolar), asistencia sanitaria, social e rehabilitadora, a longo prazo, no seu propio entorno. Estes equipos conseguen que pacientes que terían que estar institucionalizados poidan vivir de xeito autónomo no seu ámbito habitual. O perfil de persoa que atenden estes equipos na Área Sanitaria de Ferrol é un paciente mediana idade, de entre 40 e 50 anos; con diagnóstico de esquizofrenia fundamentalmente, ou de trastorno bipolar; e maioritariamente home (o 70%), xa que de xeito xeral estes teñen un peor prognóstico.

Traballo en equipo para normalizar a enfermidade mental

Un total de seis profesionais (un psiquiatra, catro profesionais do ámbito da Enfermaría, e un traballador social) traballan no Equipo de Tratamento Asertivo Comunitario desta Área, potenciando a atención no domicilio de entre 90 e 100 pacientes con trastorno mental grave. Nestes dispositivos domiciliarios, vense fundamentalmente pacientes que requiren atención urxente a miúdo, ou pacientes con dificultades para adherirse ó tratamento, queó non ser conscientes da enfermidade, non acoden ós distintos dispositivos para a súa atención. 

Estímase que son ata o 10% do total dos pacientes con trastorno mental grave os que se poden beneficiar da intervención do ETAC, xa que, nese senso, Alberto Durán Rivas, responsable do Servizo de Psiquiatría do Complexo, subliña que “hai moito estigma sobre enfermidades como a esquizofrenia ou o trastorno bipolar, pero a inmensa maioría destes pacientes viven no seu entorno familiar e social cunha vida normalizada por mor dos controis e tratamentos actuais”.

Plan de Saúde Mental de Galicia, explica o psiquiatra Alberto Durán, reforzou estes dispositivos; e Galicia é a única Comunidade Autónoma na que está regulada por lei a existencia de ETAC na totalidade das Áreas SanitariasNesta liña, aproveita esta xornada para pór en valor o traballo das e dos traballadores, sobre todo a Enfermaría, “que é a columna vertebral dun ETAC”. 

Pero isto, matiza, sen esquecer igualmente labor que se realiznoutros dispositivos como no Hospital de Día e nas Unidades de Saúde Mental, xa que é un traballo en equipo e conxugado para que as e os pacientes sexan atendidos nos dispositivos máis axeitados en cada momento.

Atención á Saúde Mental na Área Sanitaria de Ferrol

Lembrar que o Servicio de Psiquiatría da Área sanitaria ferrolá traballa segundo o modelo comunitario. Nunha rede de saúde mental comunitaria, a Unidade de Saúde Mental adopta unha posición central, sendo os seus profesionais os garantes da continuidade de coidados dos pacientes con enfermidade mental grave. Na Área sanitaria ferrolá, a atención estrutúrase basicamente nas citadas Unidades de Saúde mental, nos dispositivos de Hospitalización, na Atención a adiccións e na Área de Rehabilitación Psicosocial.

Dentro deste ámbito da Rehabilitación Psicosocial, cóntase co Hospital de Día Psiquiátrico, que é un punto forte desta Área, xa que acoden tanto paciente crónicos como subagudos, evitándose deste xeito moitos ingresos hospitalarios. Xunto ó Hospital de Día, están tamén estes Equipos de Tratamento Asertivo Comunitario (ETAC), para o seguimento domiciliario protagonistas da xornada de hoxe. Súmase a estes dous dispositivos o Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral para pacientes psicóticos crónicos con importante deterioro.

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …