Inscrición para participar en Narón na “II Ruta do pincho do pemento do Couto”

A edil de Promoción Económica do Concello de Narón, Olga Ameneiro, anunciou a apertura de prazo, este venres día 14, para que os locais de hostalería interesados en participar na “II Ruta do pincho do pemento do Couto” se inscriban.

O evento desenvolverase do 4 ao 14 de xullo, tal e como avanzou Ameneiro, e os establecementos poderán anotarse ata o 24 deste mes, incluído, enviando os datos requeridos á dirección de correo: me.mendez@naron.gal ou chamando en horario de mañá (de 8:30 a 13:00), de luns a venres, ao teléfono 981 337 700 (extensión 1204).

Os responsables dos locais interesados en participar deberán facilitar –no correo ou telefonicamente- o seu nome e apelido e un teléfono de contacto; o nome do local e a dirección do mesmo; o nome da tapa que presentarán ao certame e os seus ingredientes (tendo como ingrediente principal o pemento do Couto e indicando posibles alérxenos) e o horario no que servirán a tapa nos seus establecementos.

Sobre este último apartado, tal e como indican as bases, deberán servir as tapas de pemento do Couto entre as 13:00 e as 15:00 e de 20:30 a 22:30 horas no período desta ruta do pincho do pemento do Couto.

As tapas terán un prezo de venda ao público de 2 euros e cada establecemento poderá presentar un único pincho ao concurso. Ao final do certame haberá premios para os establecementos participantes e tamén para o público que vote as diferentes elaboracións, apuntou a edil naronesa.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …