O clube deportivo 21 Leguas entende que é máis que unha iniciativa de ocio e que os valores deportivos inclúen participar no tecido social da comarca e colaborar coas causas que «son de xustiza como o benestar animal», polo que o clube está «encantado de colaborar» coa Asociación Cometa na Candaina do domingo 9 de xuño para a que xa hai apuntados 350 participantes entre 80 corredores, 220 andarines e cans.
«Sen dúbida un éxito de participación do que estamos moi ledos» afirma o clube. Terá lugar no paseo de Xubia as 10:30 seguida ás 13:00 horas dunha sesión vermú a cargo de Señor X e moitas sorpresas máis.
Desde o clube animan a todo o mundo a asistir se non participando na proba desfrutando da festa e aportando algo para esta marabillosa e ardua labor que desempeñan as voluntarias de Cometa «con tanto amor e dedicación».