Este mércores 5 é o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data clave que busca visibilizar e resaltar a importancia de coidar o noso planeta, o noso ecosistema, e a nosa terra.
Co gallo de concienciar á poboación e, en especial, aos máis novos, o Concello de Cabanas xunto coa comunidade educativa do CEIP Eladia Mariño organizou unha xornada de sensibilización ambiental no entorno da praia da Madalena.
A longo da mañá todo o alumnado do CEIP estivo na praia para comprender de primeira man a nosa corresponsabilidade co coidado do noso entorno, tomando conciencia do alcance prexudicial das nosas accións na contaminación e mal aproveitamento dos recursos naturais, así como no quencemento global.
Mais tamén do noso papel para reverter a situación con accións individuais ou colectivas, como a de este mércores, na que os nenos aportarán o seu gran facendo limpeza dos residuos, en especial, plásticos, que van a parar a noso areal e que afectan de maneira directa á biota mariña e terrestre da contorna.
O Concello de Cabanas ten un compromiso firme cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS) no eido do medio ambiente, sendo socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e participando na iniciativa People&Planet cuxo fin é concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable.
Tamén participamos no Plan de Acción por el Clima y Energía Sostenible, un plan que coordina as distintas administracións na mellora da súa eficiencia e reducción de gases contaminantes, verificando os avances que dende o sector público lévanse a cabo.
Co fin de axudar a darlle máis visibilidade a este día, a fachada do Concello iluminarase de cor verde hoxe, amosando a importancia deste día. Animamos á poboación a que se sumen a implantar hábitos e leven a cabo accións que axuden a coidar do Medio Ambiente todos os días do ano.