A biblioteca de Narón acolle un faladoiro sobre hixiene menstrual e endometriose

A Biblioteca municipal de Narón acollerá o vindeiro martes 28, un faladoiro sobre hixiene menstrual e endometriose, organizado pola asociación QuerEndo, mulleres con endometriose.

A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, explicou que a convocatoria se convocou con motivo da conmemoración do Día da Hixiene Menstrual (28 de maio) e que dará comezo ás 18:30 horas.

A presidenta da asociación QuerEndo, Sara Iglesias Sánchez, e unha das vogais, Rosa Calvo Carballeira, compartirán a súa experiencia e coñecemento sobre temas esenciais relacionados coa saúde menstrual.

O faldoiro estruturarase en varios apartados, un para coñecer a endometriose, outro para entender o ciclo menstrual e un terceiro sobre opcións para a recolección do sangrado.

Dende a organización convídan a toda a cidadanía a acudir a esta xornada informativa, que se desenvolverá na planta soto da Biblioteca.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …