Ares acolle a XVI Edición do Campus Chiquibásquet

A concelleira de Deportes do Concello de Ares, Alma Barrón; o técnico municipal desta área, Javier Sánchez, e Chiqui Barros, promotor do Campus, presentaron na casa consistorial de Ares a décimosexta edición do Campus Chiquibásquet, un evento formativo que verán tras verán achega o baloncesto aos mozos e mozas da vila.

A iniciativa, como se detallou no acto de presentación, recalará no pavillón polideportivo da localidade dende o 29 de xullo ao 2 de agosto, sendo unha oportunidade para combinar formación, diversión e a práctica do baloncesto durante as tardes, especificamente de 18:00 a 21:00 horas.

O Campus Chiquibasquet seguirá centrándose na mellora e aprendizaxe dos rapaces de 5 a 18 anos, mais haberá un segundo grupo de maior idade como novidade. “Atendendo aos comentarios que recibimos en edicións anteriores, desta volta quixemos ampliar o abano de idade, organizando sesións para a mocidade dos 18 aos 22 anos moito máis centradas en perfeccionamento das habilidades técnicas”, salientou Chiqui Barros.

As inscricións abrirán até o 26 de xullo ou ata que se esgoten as 40 prazas habilitadas para participar. De cara a formalizar a reserva no Campus, pódese visitar a páxina web http://chiquibasquet.wordpress.com, enviar un correo electrónico a chiquibasquet@gmail.com ou contactar co número de teléfono 676 408 520.

Lea también

Abierta la presentación de ofertas en FIMO Ferrol, para la ciudad del deporte

Hasta el próximo 29 de julio se pueden presentar las ofertas para las mejoras en …