Inscrición para participar en Narón no programa “Vacacións en Paz”

As familias que desexen participar este verán no programa “Vacacións en Paz”, impulsado dende a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) e no que colabora o Concello de Narón, deben anotarse antes de finais deste mes. Así o recordaron a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, e a representante na zona de Sogaps, Maite Martínez.

As persoas interesadas poden recibir máis información do programa ou anotarse a través dos teléfonos 678 727 382 ou 986 262 637, podendo tamén dirixirse ao correo electrónico: asociacionsogaps@yahoo.es.

O vindeiro mes de xuño está prevista a chegada á cidade de menores de entre 8 e 12 anos que residen nos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf (Arxelia), e permanecerán en Narón ata o mes de setembro, cando regresarán de novo coas súas familias.

Durante a súa estadía na cidade os menores acudirán a revisións médicas e participarán en diferentes actividades coas súas familias de acollida, afastados das elevadas temperaturas que se alcanzan durante o verán nos campamentos de refuxiados, que poden superar os 50 graos.

Lea también

El naronés desaparecido en sábado ha sido localizado en Asturias en perfecto estado de salud

El vecino de Narón Bruno González Mauriz, de 43 años, asesor del concello naronés y …