Entradas para os espectáculos fin de curso en Narón das Escolas Culturais

As entradas para poder ver os espectáculos de fin de curso das Escolas Culturais Municipais están á venda na billeteira do Pazo da Cultura de Narón.

Ata o vindeiro 27 de maio poden adquirilas, a un prezo de 2,50 euros, as familias do alumnado, se ben a partir dese día as que queden poranse á venda libre.

O alumnado das citadas escolas non precisa mercar a entrada, podendo ir ao segundo anfiteatro para ver o resto do festival, excepto os menores de 6 e 7 anos matriculados, que dispoñen dunha invitación para sentarse coas súas familias que se pode pedir na billeteira do Pazo da Cultura.

Lea también

A Deputación da Coruña leva aos institutos a obra teatral “Papel 2.0” para previr o acoso escolar

O programa desenvolverase entre os días 12 e 16 de xaneiro en centros educativos de …