Mércores 22 de maio de 2024
Actividade: “As Sementes da felicidade” Hora: 17:00 Lugar: Centro cívico social de San Xiao
Este contacontos infantil diríxese a menores de 3 a 6 anos e as súas familias. Trátase dunha adaptación dramatizada dun conto de Jean Giono sobre a importancia das árbores para a vida no planeta. O Consistorio organiza esta proposta, da compañía Miudiño, para cuxa asistencia se require inscrición previa.
Actividade: Proxección do documental “M” Hora: 19:30 Lugar: Pazo da Cultura
O Concello de Narón organiza a convocatoria a través do Padroado da Cultura e en colaboración coa Red Acampa por la Paz. O seu coordinador, Xosé Abad, e o xornalista Nicolás Castellano participarán no acto, no que se proxectará o documental “M”, sobre os estigmatizados menas e haberá unha charla-coloquio posterior. A entrada é libre ata completar a capacidade do Café Teatro do Pazo.
Venres 24 de maio de 2024
Actividade: Cerimonia de saída do 36 Rally Cidade de Narón Hora: 20:30 Lugar: Parque pechado ubicado nas inmediacións do Centro Comercial Odeón.
Os vehículos participantes nesta edición do Rally percorrerán a estrada de Castela, saíndo do Centro Comercial Odeón en dirección a Xuvia. Realizarán unha parada na rotonda de Freixeiro para realizar unha fotografía do grupo. A estrada de Castela permanecerá pechada ao tráfico rodado entre as 20:30 e as 21:30 horas.
Sábado 25 de maio de 2024
Actividade: 36 Rally Cidade de Narón Hora: Dende as 07:30 Lugar: Saída do primeiro participantedo parque de asistencias ubicado na rúa Panadeiros (polígono industrial de Río do Pozo).
Un total de 58 vehículos participarán neste evento deportivo, que discurre polos concellos de Narón, San Sadurniño, As Somozas, Moeche e Cerdido. Dos 400 quilómetros, 111 serán cronometrados. A ceremonia de entrega de trofeos será ás 21:30 horas no parque pechado de Odeón.
Domingo 26 de maio de 2024
Actividade: “Ponte en ruta con nós”. Lugar: Inmediacións do centro cívico social do Val a las 9.15 horas.
Os participantes realizarán un percorrido duns 13,5 quilómetros, dende a Pena Molexa e pola Senda Ártabra. Trátase da segunda andaina organizada este ano a través do programa municipal “Ponte en ruta con nós”.