Psoe Ferrol esixe transparecia no contrato da tala de árbores nos antigos polvoríns de Mougá

O grupo municipal socialista de Ferrol solicita «información sobre o contrato de tala de árbores nos antigos Polvoríns de Mougá, na actualidade de propiedade municipal despois ser incluída esta parcela no Convenio de Defensa asinado recentemente».

A petición do grupo socialista foi tramitada a través do rexistro municipal e reiterada en varias comisións, tanto na de Facenda como na de Urbanismo, «sen que ata o momento se obtivera resposta por parte do goberno municipal de Rey Varela».

Nomeadamente, o edil Rafael Fernández Beceiro solicitou «información detallada sobre a tramitación deste expediente, incluíndo o tipo de contrato realizado, o seu importe e o adxudicación»

O concelleiro subliñou que «nos últimos meses retirouse unha gran cantidade de madeira, principalmente eucalipto, da parcela en cuestión. A día de hoxe, “descoñecemos se os traballos foron completados ou non’». “Esiximos ao goberno de Ferrol que cumpra co principio de transparencia e informe de xeito claro e preciso sobre os traballos realizados e o seu volume”, reclamou Fernández Beceiro.

Así mesmo, lembrou que «os antigos polvoríns do Exército en Mougá poderían acoller a futura cidade deportiva do Rácing, aínda que esta decisión está pendente de confirmación oficial».

Rafael Fernández sinalou que «é crucial que o goberno municipal do PP cumpra coa súa obriga de transparencia e proporcione a información solicitada para garantir a confianza da cidadanía nas súas institucións».

Lea también

La Filarmónica Ferrolana presenta Concierto de Navidad con la Orquesta Sinfónica de Galicia

  Este jueves 12 de diciembre en el Auditorio de Ferrol a las 20:30 horas …