Narón acolle a presentación do libro “Sin prueba aparente” de Juan José Lada

A sala multiusos da planta soto da Biblioteca municipal de Narón acolle este xoves 23, a presentación do libro “Sin prueba aparente”, do escritor Juan José Lada Vilariño.

A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que o acto dará comezo ás 18:30 horas e estará aberto á asistencia de público en xeral, ata completar a capacidade da sala.

A tamén escritora Isabel Ramos Breijo, veciña de Narón, acompañará a Lada na presentación da súa última obra, unha apaixoada novela protagonizada por Tomás, un garda civil retirado que repasa os tres casos que marcaron a súa carreira.

Unha serie de asasinatos que aconteceron en Galicia; un roubo a un poderoso empresario textil con conexión no mundo do narcotráfico e unha gala de graduación que remata en traxedia co asesinato dun alumno son eses tres casos nos que se sustenta o libro de Juan José Lada.

O autor, nado en Bélxica, de pai asturiano e nai galega, publicou anteriormente outras obras, como El tesoro de Artabria (2020); Las minas de Santa Comba (2021) e El oro de Himmler (2022), todas elas presentadas no seu día na Biblioteca municipal de Narón.

Ao remate da presentación de “Sin prueba aparente” todas as persoas que o desexen poderán adquirir un exemplar.

 

Lea también

La Filarmónica Ferrolana presenta Concierto de Navidad con la Orquesta Sinfónica de Galicia

  Este jueves 12 de diciembre en el Auditorio de Ferrol a las 20:30 horas …