O Concello de Pontedeume dá comezo ao Ciclo de Teatro Afeccionado «Pontedeume en Obras»; 2024 este sábado 25 de maio, coa obra «Croquetas».
O Concello colabora coa asociación DameCuerda QueTeatro na organización da décima edición deste ciclo, unha iniciativa que avala o seu compromiso coa escena teatral e o seu respaldo ao tecido cultural galego. Os carteis foron
realizados pola artista Cristina Carro Fuentes.
«Croquetas», da Agrupación Teatral Mariñán, será o espectáculo encargado de abrir a nova edición, no salón de actos do CPR San José La Grande Obra de Atocha ás 20:00 horas.
A representación, chea de humor, é apta para todos os públicos, e ten unha duración de 60 minutos en total. A obra faise a seguinte pregunta: «Que acontece cando combinas un guión horrible e un director nefasto cuns intérpretes inéptos e faltos de calquera sentido artístico e teatral?».
O teatro continuará os días 1, 8 e 15 de xuño no mesmo lugar e co mesmo horario. Representarase, respectivamente, «Arte» de Opaí Teatro, «Historias que no suceden» de Turbulencias Teatro, e «Río Bravo» de Catro Gatos Teatro.
Como novidade desta edición, entregaranse, como parte dos Premios Mateo González, dous accésits e premios á mellor interpretación secundaria, mellor interpretación principal, mellor obra e segunda clasificada; E Haberá tamén un premio do público.
Todos estes premios serán entregados nunha gala final que terá lugar o día 29 de xuño, as 21:00, na Casa da Cultura de Pontedeume.