O xurado estivo formado por Manuela Sardiña Feal, profesora de lingua galega e francesa de Educación Secundaria, Lucía López Freire, xornalista e profesora de lingua castelá de Educación Secundaria e Vanesa Fontán Rico, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Cabanas.
Unha vez reunido o xurado o mércores 16 de maio, ás 19.00 horas, na Escola Laica, Casa da Cultura do Concello de Cabanas, e despois de ler todas as obras presentadas á 5.ª edición do Certame de Poesía e Microrrelato do Concello de Cabanas, o xurado procedeu a fallar os premios.
Pola súa orixinalidade, pola forma de expresarse, por un bo uso da lingua galega e a sensibilidade dos temas tratados, os textos gañadores da 5.ª edición do Certame de Poesía e Microrrelato do Concello de Cabanas, na categoría adulta foron os seguintes:
-Poesía: obra “Medidas”, pseudónimo: Darnell Crabman. Autor: Pablo Nogueira Campo.
-Microrrelato: obra “A lingua do corazón”, pseudónimo: Rumboliberdade. Autor: Pablo Joaquín Pece Montenegro.
-No que se refire ás categorías de infantil e xuvenil, de poesía e microrrelato, declaráronse desertas.
O acto de entrega dos premios realizarase este domingo día 19 de maio na Escola Laica, Casa da Cultura, clausurando os eventos organizados durante a fin de semana con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas.