Se designan en Narón aos membros das mesas electorais do 9 de xunio

O Concello de Narón acolleu este luns 13 ás 9.00 horas, un pleno extraordinario para designar aos integrantes das mesas electorais que se habilitarán no municipio, presidentes, vogais e dous suplentes de cada cargo, de cara aos comicios europeos do vindeiro 9 de xuño.

O sorteo informático realizouse o citado luns e as persoas seleccionadas recibirán nos vindeiros días unha notificación no seu domicilio.

No caso de non poder acudir haberá que comunicalo e xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona, no Xulgado de Ferrol, nun prazo de sete días hábiles (dende a recepción da citada comunicación).

Lea también

Narón amosa o seu apoio aos traballadores de Navantia cunha declaración institucional

O Pleno ordinario de marzo do Concello de Narón incluíu na súa orde do día …