Esta fin de semana os clubes galegos de atletismo acaparan protagonismo

Foto Federación Galega de Atletismo

Co mes de maio xa avanzado continúan desenvolvendose os distintos Campionatos Xunta de Galicia que esta fin de semana chegan a Coruña, Lugo e Pereiro de Aguiar.

Fuente: Federación Galega de Atletismo/Campeonato de la Xunta de Galicia de Clubes Sub 16 – 2024

En concreto o primeiro dos mesmos disputarase nas pistas da UDC da Coruña e acollerá o autonómico de clubs Sub16 ca presenza dun total de quince equipos entre os que se atopan os actuais campións galegos, Atletismo Narón na categoría feminina e Gimnástica de Pontevedra na masculina.

Fuente: Federación Galega de Atletismo/Campeonato de la Xunta de Galicia de Clubes Sub 20 – 2024

Poa súa banda e xa no domingo, nas pistas do Gregorio Pérez Rivera de Lugo xuntaranse un total de 22 formacións para o desenvolvemento do campionato galego de clubs Sub20 e nas que o Celta intentará repetir o éxito do ano pasado no que lograba os títulos en ambas categorías.

Fuente: Federación Galega de Atletismo/ VI Copa de Clubes Máster de la Xunta de Galicia

Mesmo obxectivo que os celestes será o que intente compartir o Atletismo Sada durante a celebración da VI Copa de Clubs de máster que poderemos seguir o domingo nas pistas Josefina Salgado de Pereiro de Aguiar e que contará ca participación de seis formacións en liza.

Lea también

Morgato y Gerard Casas analizan el partido de O Parrulo Ferrol de este sábado ante Sporting La Nucía

O Parrulo Ferrol afronta su segundo partido consecutivo delante de su afición recibiendo este sábado …