Aberta en Narón a inscrición para asistir ao espectáculo “A maxia de Europa”, con Pedro Bugarín

Foto-Copyright Mago Pedro Bugarín

A Biblioteca municipal acollerá o vindeiro 15 de maio, ás 18:00 horas, o espectáculo “A maxia de Europa”, unha iniciativa promovida por Europe Direct en colaboración co Concello de Narón. A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, explicou que se trata dunha proposta dirixida a poboación moza e público en xeral e que para poder asistir é preciso reservar praza previamente na Biblioteca de xeito presencial ou chamando ao número de teléfono: 981 382 173.

O obxectivo da actividade, programada con motivo do Día de Europa, que se conmemorou onte, é compartir os valores que representa a Unión Europea e dar a coñecer os seus símbolos máis representativos, así como as oportunidades que representa a cidadanía europea.

O espectáculo terá unha duración de case unha hora, un tempo no que se ofrecerá de xeito máxico, sinxelo e visual coñecer os símbolos e valores europeos a través dun espectáculo de maxia a cargo do mago Pedro Bugarín.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …