Aberta en Fene a preinscrición para os campamentos deportivos da Deputación

Fene contará este ano con 6 prazas para a segunda quenda dos Campamentos de verán da Deputación da Coruñaque se desenvolverá do 30 de xuño ao 5 de xullo nas instalacións do IES Rosalía Mera da Coruña

As persoas interesadas en anotar aos seus pequenos poderán facelo ata o martes 28 de maio no Rexistro Xeral do Concello de Fene, presencial (de 8.00 a 14.00 horas) ou telematicamente https://sede.fene.gal/sxc/gl/index.html

Deberán aportar a ficha de inscrición dispoñible na web www.fene.gal totalmente cuberta e un volante de empadroamento no Concello de Fene, cunha antigüidade mínima do 2 de maio de 2024.

No caso de que se presenten máis solicitudes que as prazas ofertadas (6), entre os días 29 e 31 de maio farase un sorteo público no que terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran ás campañas de verán do organismo provincial.

E, unha vez resolta a adxudicación de prazas, procederase por parte do persoal do Departamento de Cultura e Deportes á entrega da documentación restante para a inscrición completa. A data límite para presentar todos os papeis será o 10 de xuño de 2024.

Nesta nova edición dos Campamentos da Deputación poderán participar nenos nadosentre o 1 de xaneiro de 2010 e 31 de decembro de 2015 (rapazada de 9 a 14 anos xa cumpridos). 

O custe da actividade ascende a oitenta e cinco euros por persoa e inclúe estancia, manutención e participación nas actividades e saídas programadas. A cota de participación aboarase unha vez confirmada a praza.

Lea también

Hugo López, realiza una gran debut en el Campeonato de Europa Cadete de Judo

Hugo López Pereira de la Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra, realizó un gran Campeonato de Europa …