«Comedy Wildlife», un modo de achegarse á natureza en Afundación Ferrol

Foto Afundación

Afundación, Obra Social ABANCA, presenta este xoves 9 de maio, na Sede Afundación Ferrol, a mostra «Comedy Wildlife», desenvolvida en colaboración con Terra Espléndida, mediante unha visita guiada a cargo de Alberto Blanco Penelas, do Servizo Educativo de Afundación ás 19.00 h, cuxo formulario de inscrición se pode cubrir nesta dirección:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeeC7kePClcQace0Ct6rWhGlarq8WwK96FduC_P8ELEozSFyA/viewform?pli=1

A mostra, conformada por 60 imaxes en clave de humor, é froito do concurso The Comedy Wildlife Photography Awards, creado en 2015 polos fotógrafos Paul Joynson Hicks e Tom Sullam quen, compartindo a paixón pola vida silvestre e anos de experiencia vivindo e traballando no continente africano, uniron forzas para crear un concurso que se centrase no lado máis lixeiro da vida silvestre e que axudase a promover a conservación do medio ambiente.

Desde entón, o proxecto converteuse nun concurso de renome mundial ao que acoden millóns de persoas cada ano.

Lea también

O venres, inauguración de “Orixes IV”, a exposición sobre as escavacións do Castro de Esmelle, no «Torrente Ballester»

O Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol acolle, este venres, día 6 febreiro, ás 19:00 …