V Certame de Poesía e Microrrelato do Concello de Cabanas

Foto Concello Cabanas

O Concello de Cabanas organiza un ano máis o Certame de Poesía e Microrrelato. Esta edición, que será a 5ª, constata o éxito dos anteriores e dende o consistorio municipal invítase a todos a participar neste concurso, no que ademáis de desfrutar, estaremos aprendendo e poñendo en valor a nosa cultura.

As condicións para participar son as seguintes:

As obras deberán estar escritas de maneira íntegra en lingua galega e serán orixinaisinéditas e non premiadas noutros certames ou concursos en datas anteriores á resolución das persoas gañadoras neste certame.
 
O tema será libre.
 
Haberá un premio por categoría, así como un agasallo para todas as persoas participantes.
As categorías serán as seguintes:
 
Categoría infantil / xuvenil de poesía (ata os 17 anos)
Categoría infantil / xuvenil de microrrelato (ata os 17 anos)
Categoría adulta de poesía (de 18 anos en adiante)
Categoría adulta de microrrelato (de 18 anos en adiante)
*Para o cómputo da idade, establécese como data de referencia a data máxima de presentación de orixinais (o 14 de maio de 2024).
 
As obras presentaranse da seguinte maneira:
 
As poesías e os microrrelatos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, a elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados mecanografados, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12, e como mínimo, coa extensión seguinte, dependendo da categoría na que se presenten:
 
Poesía
Categoría infantil / xuvenil: 10 versos (mínimo) / 20 versos (máximo)
Categoría adulta: 40 versos / 80 versos (máximo)
 
Microrrelato
Categoría infantil / xuvenil: 10 liñas (mínimo) / 20 liñas (máximo)
Categoría adulta: 15 liñas (mínimo) / 30 liñas (máximo)
 
As follas deberán estar paxinadas e sen asinar.
 
Os textos remitiranse ao Departamento de Cultura do Concello de Cabanas, a través do correo electrónico: cultura@cabanas.gal, figurando no asunto o PSEUDÓNIMO da persoa autora. Enviaranse dous arquivos PDF: o primeiro deles coa ficha de inscrición da persoa participante, e o segundo, co traballo que se presente ao concurso e que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra.
 
Exemplo: o autor PSEUDÓNIMO enviará dous arquivos pdf ao enderezo de correo electrónico indicado:
 
PSEUDÓNIMO_FICHA DE INSCRICIÓN.PDF
PSEUDÓNIMO_TÍTULO DA OBRA.PDF
 
 
prazo de admisión de orixinais rematará ás 23:59 horas do martes 14 de maio de 2024.
 
decisión do Xurado farase pública o xoves 16 de maio de 2024 na páxina web do Concello (https://cabanas.gal/).
 
acto de entrega dos premios realizarase o domingo 19 de maio de 2024 como acto de clausura dos eventos organizados esa fin de semana con motivo do Día das Letras Galegas.
 
A documentación para participar, tanto as bases do concurso como a ficha da inscrición, atópase na páxina web do Concello

Lea también

Las obras de rehabilitación del castillo de San Felipe empezarán este verano

El castillo de San Felipe entrará seguramente en obras el presente verano, tras adjudicar la …