Ares e Mugardos presentan a Montefaro Enduro Race-Copa España BTT Enduro

A casa consistorial aresá acolleu este martes 7 a presentación da Montefaro Enduro Race 2024, o evento deportivo impulsado por Pulpeiros de Mugardos coa colaboración do Concello de Ares e o de Mugardos.

Esta Copa de España, xa consolidada a nivel comarcal como un encontro para gozar do BTT, materializarase durante as xornadas do sábado 18 e domingo 19 de maio, e volverá a reafirmar a súa condición nacional con ciclistas de todo o país.

A cita arrancará en termos organizativos o mesmo sábado, 18 de maio, cunha reunión técnica e a entrega de dorsais de 16:00 a 20:30 h.

Paralelamente, tamén se organizará un concerto do grupo ‘El Cruce’ ás 19:00 horas no parque Rosalía de Castro, onde haberá oportunidade para degustar liscos a prezos populares grazas á colaboración do Club de Remo de Ares.

Con todo, o núcleo da proba ciclista realizarase o domingo dende as 8:30 h. da mañá ás 15:30 h. seguindo o itinerario de preto de 30 quilómetros pola contorna de Montefaro. Ás 16:00 h., pecharase toda a actividade coa entrega dos premios e así a Enduro Race 2024 salientará un ano máis a beleza paisaxística da zona, mais tamén permitirá coñecer a deportistas tanto galegos coma doutras partes de España.

Ao acto de presentación asistiron Alma Barrón e Ana Varela, concelleiras de Deportes de Ares e Mugardos, respectivamente, e tamén os representantes das dúas entidades deportivas involucradas: Pulpeiros de Mugardos e Club de Remo de Ares

Lea también

El Baxi Ferrol organiza un viaje para la afición para vivir el derbi gallego en Lugo

El próximo domingo 22 de febrero se verán las caras Durán Maquinaria Ensino y el …