O Campionato Galego de Trial celebrouse en Vimianzo

Os motores do Campionato Galego de Trial tremeron este domingo 5 en Vimianzo, no Monte Faro, por primeira vez para acoller esta proba, organizada polo Moto Club ‘O Petouco’ en colaboración coa Federación Galega de Motociclismo e o Concello vimiancés.

O circuíto recibiu a competidores de distintas partes de toda Galicia a partir das 9:30 da mañá. As rochas, o barro e a auga que se concentran no lugar fixeron deste espazo o emprazamento ideal para poñer a proba as capacidades dos deportistas.

Tratouse dun circuíto pechado ao que os pilotos deron tres voltas en cada unha das categorías establecidas, desde os máis pequenos e pequenas ata os participantes na categoría absoluta terán por diante desafíos naturais que farán desta unha proba única.

Un total de 42 deportistas se deron cita para competir nas 7 categorías: TR1, TR2, TR3, TR4, TR5, CLB e Alevín. Por categorías, os resultados foron os seguintes:

TR1 – 1º. Xurxo Neo Suárez

TR2- 1º. Héctor Márquez Salgado

TR3- 1º. Manuel A. Soto Calvo

TR4- 1º. Maikel Gómez Sánchez

TR4 Infantil- 1º. Matías Mosquera Barja

CLB- 1º. Jorge Montes Vázquez

TR5- 1º. Aarón Longueira Miguel

Alevín- 1º.Nicolás Soto Miñones

Lea también

Hugo López, realiza una gran debut en el Campeonato de Europa Cadete de Judo

Hugo López Pereira de la Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra, realizó un gran Campeonato de Europa …