A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC celebra unha homenaxe a Alberto Areces

Este sábado 4 de maio, a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña organiza, a partir das 12,30 horas, un acto In memoriam et ad honorem, no que se oficializará a denominación do pavillón polideportivo do centro co nome do que foi profesor do centro durante máis de 20 anos, Alberto Areces, finado no ano 2018. Así, a instalación pasará a chamarse “Pavillón Polideportivo Alberto Areces Gayo”.

O acto desenvolverase en dúas partes, unha primeira, no salón de actos da Facultade, presidida polo reitor da UDC, Ricardo Cao, e unha segunda, no propio pavillón, onde se descubrirá unha placa conmemorativa, tras o que se xogará un partido de hóckey sobre patíns, en homenaxe ao docente con música en directo.

Alberto Areces

Alberto Areces, á parte do seu labor docente, foi un destacado xogador de hóckey sobre patíns, disciplina na que logrou varios títulos continentais e nacionais co Liceo Caixa Galicia na década dos 80, así como a internacionalidade coa Selección Española en máis de 30 ocasións.

Á marxe dos seus méritos deportivos como xogador, o profesor asumiu tarefas de vicedecano na facultade e destacou pola súa dinamización do hóckey sobre patíns feminino en Galicia, impulsando a constitución dun equipo do INEFG con grandes resultados deportivos.

Lea también

El Baxi Ferrol organiza un viaje para la afición para vivir el derbi gallego en Lugo

El próximo domingo 22 de febrero se verán las caras Durán Maquinaria Ensino y el …