O Club de Vela Fluvial As Pontes recibe o premio “Ponte las pilas y recicla ´23”

Theresa Zabell visita As Pontes para entregar o premio “Ponte las pilas y recicla 2023” ó Club de Vela Fluvial As Pontes. 

Foto Concello As Pontes

O Club de Vela Fluvial As Pontes foi premiado pola Fundación Ecomar como gañador do concurso “Ponte las pilas y recicla 2023”, no que recolleu 691 kilos de pilas e no que participaron 55 clubs náuticos de toda España e esta fin de semana recibiu o premio das mans de Theresa Zabell, fundadora no ano 1999 da Ecomar, regatista olímpica e única muller española con dous ouros olímpicos, ademáis de cinco Mundiais e tres Europeos na clase 470.

Foto Concello As Pontes
Foto Concello As Pontes

Nesta visita veu acompañada de José Pérez, presidente da empresa ECOPILAS e do Director de Marketing e Eventos, Julio Lema, para facer entrega do premio do concurso «PONTE LAS PILAS Y RECICLA 2023», consistente nun agasallo de 50 chalecos salvavidas e unha vela para unha embarcación da clase optimist.

Na súa visita ó lago Theresa non quixo desaproveitar a oportunidade de charlar cos regatistas do club contando múltiples anécdotas da súa vida deportiva e olímpica, e concienciando ós nenos no respeto os medios ambientes mariños e acuáticos en xeral.

O Concello de As Pontes tamén estivo representado neste acto coa presenza de Roberto Rivera concelleiro de Medio Ambiente.

Foto Concello As Pontes

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …