Ares instala 3 minipuntos limpos no núcleo urbano

Ares conta dende o inicio desta semana con novos elementos para reforzar o proceso de reciclaxe e tratamento de residuos na súa contorna municipal.

A concellaría de Medioambiente vén de informar da instalación de tres minipuntos limpos fixos na praza da Igrexa, praza da Porta do Sol e rúa da Franxa, un mobiliario que permite depositar material escolar, pilas e baterías, cartuchos de impresora, cápsulas de café e plástico ou pequenos dispositivos electrónicos coma mandos ou cargadores.

A edil de Medioambiente, Lucía Blanco, supervisou o estado dos 3 minipuntos e salientou que a súa instalación supón “aumentar a infraestrutura medioambiental que estamos incorporando paulatinamente no municipio dende o Concello. Xa dispoñemos destes puntos fixos, pero tamén o punto limpo móbil que percorre cada semana a localidade e unha rede de 70 composteiros, a piques de ser ampliada aínda máis”.

Todo este equipamento público mellora o tratamento e aproveitamento dos residuos xerados pola veciñanza no seu día a día, sempre promovendo a corresponsabilidade de tal xeito que tanto institucións coma cidadanía poidan xogar un papel chave na procura da sostibilidade e a mitigación do cambio climático.

Os 3 minipuntos fixos contaron cun investimento de 11.890 euros, impostos incluídos, asumidos nun 90 % polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e o importe restante, polas arcas municipais.

Novo convenio con Sogama 

Ao mesmo tempo que se completaba a instalación dos minipuntos, a Concellaría de Medioambiente tamén desvelou outra nova vencellada directamente coa reciclaxe en Ares: “formalizamos un segundo convenio con SOGAMA que nos permitirá realizar outra quenda de entrega de composteiros entre a veciñanza, tendo en conta que xa hai unha listaxe de agarda de veciños interesados neles”.

Deste xeito, o Concello achegará 25 novos composteiros para instalar nos fogares familiares, elevando o número dos 70 actuais aos 95 composteiros, practicamente unha centena de puntos para a autoxestión da materia orgánica en vivendas domésticas.

Lea también

Paro total en los dos astilleros de Navantia en la ría de Ferrol para demandar avances en la negociación del convenio

Se trata de una jornada de huelga de 24 horas que se secunda en el …