O Clube Deportivo 21 Leguas acada éxitos na MIUT e no Trail Re-tinto

Foto Club Deportivo 21 leguas

A pasada fin de semana dous dos seus «mouros» (así lles chamaros os integrantes do clube) Miguel Portal Losada e Laura Prieto Novo acadaron grandes resultados .

Miguel Portal, «o seu fenés favorito» participaba na MIUT (Madeira Island Ultra Trail) onde obtivo na ultradistanza de 85km con 4700 + de desnivel, un 5° posto na xeral e quedou 4° da súa categoría sendo ademais o 2° español.

A MIUT forma parte do prestixioso circuito de carreras World Trail Mayors que aúna varias das mellores carreras de ultra distanzas, xuntando as mellores marcas e deportistas de élite, e que se caracteriza polo respecto ao medioambiente, sostenibilidade e patrimonio de onde se celebran.

«Non podemos máis que parabenizar ao noso compañeiro que con esforzo e traballo situouse a altura de corredores con moitos máis medios» expresa o clube

E desta carreira destaca o apoio da coñecida deportista e amiga do CD 21 Leguas, Lupe Rubio do Clube Pasa ou entorna de Narón que tamén participaba cun excelente resultado e sobre todo expresou que «estranou aos compañeiros do CD 21 Leguas que o seguimos con toda a emoción durante 10 h polo seguimento virtual da proba».

Foto Club Deportivo 21 leguas

Laura Prieto, de orixe lucense e que forma parte da Armada, competía en Cádiz, na maratón de 46km do Trail Re-tinto 1537, organizado polo Clube Recosurteamtrail formado principalmente por persoal militar do corpo de Infantería de Marina e desenvolvéndose na entorna natural da Sierra del Retín, lugar inaccesible por ser Campo de Maniobras da Infantería de Marina e propiedade do Ministerio de Defensa. Esta gran deportista acadaba o 1° posto da Armada e 3° da súa categoría correndo en equipa.

Laura destaca da carreira «o traballo en conxunto coas compañeiras de armada, Yoli, Laura e Cristina, a grande organización e a sorpresa porque choveu sendo Cádiz».

O 2024 está a ser un ano onde se poden ver os resultados do esforzo e do adestramento dos «mouros» ademáis de estar a construir un proxecto de apoio e amizade.

Entre próximos retos esta vindeira fin de semana primeira de maio, o Trail Orixes de Mondariz onde participarán nas distanzas Trail, Ultra e Maratón.

Lea también

Adjudicada la dirección de obra de la reforma de los campos de fútbol de Caranza

La junta de gobierno local de Ferrol continúa avanzando en las próximas actuaciones, como es …