Fene mellora a rede de abastecemento na rúa Travesa e Camiño Inferniño

A Xunta de Goberno Local do Concello de Fene aprobou o pasado 11 de abril o expediente de contratación da obra de mellora da rede de abastecemento na rúa Travesa e camiño Inferniño. Logo da súa publicación na Plataforma de Contratación Pública, a actuación atópase agora en proceso de avaliación das ofertas presentadas.

Os traballos previstos no proxecto contemplan a escavación e substitución da rede de abastecemento nun treito da rúa Travesa e do Camiño Inferniño, coa instalación de tubaxe de polietileno de alta densidade de 125 mm de diámetro interior, e a reconexión domiciliaria pertencente á rede municipal. Tras as obras, reporase o firme e a sinalización viaria horizontal.

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, destacou a urxencia destas actuacións, ao ter quedado a infraestrutura obsoleta. “Neste treito estaban a alimentarse as vivendas cunha tubaxe de 100 mm de diámetro, o que viña supondo unha limitación que quedará superada coa nova tubaxe de 125 mm” sinalou o rexedor fenés.

Trigo apuntou tamén que “a rede de abastecemento de Fene dispón aínda -coma neste caso- dalgúns treitos con colectores de fibrocemento que estamos a substituír de maneira paulatina”.

Pola súa banda, o concelleiro de obras, Manuel Polo, adiantou que “toda vez que remate o proceso de licitación, a empresa adxudicataria terá un prazo de 3 meses para a súa execución”.

Cun importe total de 66,077.61 €, a execución deste proxecto financiarase con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS+2023) da Deputación da Coruña.

Lea también

El Club de Remo de Ares prepara su fiesta de presentación

El Club de Remo de Ares prepara su fiesta de presentación. La cita tendrá lugar …