A Deputación destina 775.000€ para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo

Beneficiaranse 48 concellos de menos de 50.000 habitantes, que recibirán axudas de entre 10.000 e 20.000 euros.

“Un turismo de calidade implica ter bos técnicos para planificar e bo persoal para informar, e iso pódese facer con esta liña de axudas, que ademais son do cen por cento”, salienta o vicepresidente, Xosé Regueira.

A Deputación da Coruña inviste este exercicio 774.470 euros no programa de subvencións para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo dos concellos da provincia de menos 50.000 habitantes. Son 48 os beneficiarios, que se repartirán axudas de entre 10.000 e 20.000 euros.

“No noso departamento sempre fomos conscientes de que un turismo de calidade implica ter bos técnicos para planificar e bo persoal para informar e, entre todos, dar servizo e ofrecer unha proposta turística de calidade no territorio, algo que para nós é imprescindible se queremos ser competitivos”, explica o vicepresidente, Xosé Regueira. “E iso ímolo poder facer con este programa de axudas, que ademais son do cen por cento”.

Desde 2017, a liña de subvencións da Deputación para a contratación de persoal especialista en turismo dálle traballo no ámbito territorial da provincia a arredor de 50 persoas e tamén servizo a medio cento de entidades municipais.

A resolución do total das subvencións, a listaxe de beneficiarios e as cantidades que recibirá cada un poden consultarse no BOP do 29 de abril.

Lea también

Palo Santo do Camiño, uno de los mejores quesos mundo por los “World Cheese Award

Palo Santo, con su queso curado “Palo Santo do Camiño” de 12 meses, ha sido …