Valdoviño anuncia para o martes 30 en Vilarrube, un novo «Encontro nas Parroquias»

Os Encontros Veciñais nas Parroquias continuarán este martes 30 de abril en Vilarrube. A partir das 20:15 horas, o local social, anexo á escola unitaria, albergará a reunión, coa que se pecha o calendario neste primeiro semestre de ano, e tras a celebración das reunións no resto de parroquias.

Nesta liña, o alcalde, Alberto González, avanzaba a intención do equipo de goberno de reeditar novos Encontros Veciñais nas Parroquias á volta do verán, de modo que a cidadanía poida trasladar novas queixas e propostas de forma directa; formular as súas consultas, e tamén realizar un seguemento dos temas abordados nesta primeira rolda de xuntanzas.

Lea también

A Deputación da Coruña formaliza por case 400.000€ o contrato para a musealización do mosteiro de Caaveiro

O reponsábel de Patrimonio, Xosé Penas, destaca o compromiso da Deputación coa protección e valorización …