Axenda en Narón o 27 e o 28 de abril

Sábado 27 de abril de 2024

Actividade: Danza tradicional “Ceibe” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

Fran Sieira Compañía de Danza trae a Narón este espectáculo de danza tradicional, dunha hora de duración e que afonda nos roles de xénero e a nosa tradición. As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

 

Domingo 28 de abril de 2024

Actividade: “Ponte en ruta con nós” Hora: 9:30 (saída do pavillón polideportivo municipal da Gándara).

O Concello organiza unha nova edición deste programa que inclúe tres andainas entre os meses de abril e xuño deste ano. Nesta ocasión unhas 80 persoas participarán na primeira delas, “Volta á ría”, duns catorce quilómetros e que percorrerá a senda peonil e ciclista entre Xuvia e Freixeiro e a zona do Couto.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …