‘Ultreia, O Camiño Inglés a Santiago’ alcanza as dúas etapas finais

Máis de 200 persoas participarán esta fin de semana nas dos últimas etapas de ‘Ultreia 2024. O Camiño Inglés a Santiago’ organizado pola Asociación Española Contra o Cancro.

Para estas dúas etapas finais, contarase coa presenza do humorista Roberto Vilar, quen falará sobre alimentación saudable e exercicio físico, e o mago Roberto Lolo, que será o encargado de lanzar unha mensaxe de prevención do tabaquismo.

Ultreia 2024 arrincou do Porto de Ferrol o pasado sábado 6 de abril, co presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, Francisco Barea, como padriño do Camiño.

A primeira etapa conectou Ferrol con Neda. O seguinte sábado, 13 de abril, acompañounos Pepo Suevos entre Neda e Cabanas, e o sábado pasado 20 de abril, contamos con David Amor entre Miño e Betanzos.

A deste sábado 27 será unha etapa de 15 kilómetros entre Abegondo e Órdenes, e o domingo 28 se completarán os 8 kilómetros restantes entre Formarís e Santiago de Compostela.

Na chegada a Compostela o domingo, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, o concelleiro de Sostenibilidade Ambiental de Santiago, Xesús Manuel Domínguez, recibirán aos participantes de Ultreia, acompañados por Manuel Aguilar, presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Isabel Estevan e Mabel Sanesteban, presidenta e vicepresidenta da Xunta Local de Ferrol, e Francisco Pais, presidente da Xunta Local de Santiago de Compostela.

Programa da 4ª etapa (Abegondo-Órdenes), Programa do sábado 27 de abril:

9.00 horas: Chegada dos autobuses (procedentes de Ferrol, A Coruña, Santiago e Costa da Morte) ó Embalse de Beche (Abegondo)

9.15 horas: Recepción do humorista e presentador de televisión Roberto Vilar, personaxe invitado nesta etapa.

9.30 horas: Saída da etapa.

11.45 horas: Descanso en Casa Avelina (Carral).

14.30 horas: Chegada a Á Rúa e comida no local social.

17.00 horas: Fin de etapa. Saída dos autobuses ao seu destino.

Programa da 5ª etapa (Formarís-Santiago). Domingo 28 de abril:

9.15 horas: Chegada dos autobuses (procedentes de Ferrol, A Coruña, Santiago e Costa da Morte) ó Restaurante O Castro (Formarís).

9.30 horas: Recepción do mago Roberto Lolo, personaxe invitado nesta etapa.

9.45 horas: Saída da etapa.

11.35 horas: Chegada á Praza do Obradoiro.

11.45 horas: Foto de grupo de fin de etapa.

12.00 horas: Bendición ó grupo no interior da Catedral.

14.00 horas: Comida na Hospedería San Martín Pinario.

18.00 horas: Saída dos autobuses ao seu destino.

Xuntos facemos Camiño contra o cancro

A iniciativa Ultreia 2 da Asociación Española Contra o Cancro é posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia, Autoridade Portuaria Ferrol- San Cibrao, a Armada Española, Protección Civil, Diputación da Coruña, Jefatura Provincial de Tráfico, Demarcación de Carreteras del Estado, Axencia Galega de Infraestructuras, Concello de Ferrol, Concello de Neda, Concello de Cabanas, Concello de Fene, Concello de Mesía, Concello de Narón, Concello de Pontedeume, Concello de Miño, Concello de Betanzos, Concello de Carral, Concello de Abegondo, Concello de Ordes e Concello de Santiago de Compostela.

Peregrinos entrando en la catedral de Santiago

Lea también

Afundación celebra el Día de la Música con conciertos sincrónicos

Afundación, la Obra Social de ABANCA, celebra el Día de la Música, día de Santa …