Narón asina a adhesión ao sistema VioGen, para a protección das vítimas de violencia de xénero e doméstica

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu este venres 26 a Xunta Local de Seguridade celebrada no Concello de Narón e á que tamén acudiron a subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas; o comisario xefe da Comisaría de Ferrol-Narón, Javier de Loresecha; e a xefa da Unidade da Violencia sobre a muller, Manuela Vilaboy

Tamén estaban presentes a vicesecretaria xeral da Delegación do goberno en Galicia, Eva Vázquez,; o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita;  e os voceiros do PP, Germán Castrillón; BNG, Olaia Ledo, e PSOE, Silvia de Arriba.

O inspector xefe da Brigada da Policía xudicial de Ferrol-Narón, Salvador Campoy; o inspector xefe da Brigada de Seguridade Cidadá da Comisaría de Ferrol Narón, Mario Penas,; e o Comisario provincial da Policía Nacional na Coruña, Fernando Martínez, estiveron tamén na convocatoria.

A alcaldesa informou previamente aos asistentes da aprobación no pleno de onte, por unanimidade da corporación local, da proposta de adhesión ao protocolo de colaboración e coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e os da Policía Local para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero; do protocolo de colaboración e coordinación entre as policías nacional e local de Narón para a protección das vítimas de violencia de xénero e doméstica e a solicitude de incorporación do Concello ao sistema VioGen.

A continuación, Ferreiro asinou coa subdelegada do Goberno e o Comisario de Ferrol-Narón o protocolo de adhesión ao sistema VioGen para a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero, sumándose así aos concellos da provincia, un total de 22, integrados no citado sistema.

No transcurso da convocatoria, o inspector xefe da Brigada da policía xudicial de Ferrol-Narón, Salvador Campoy, informou sobre as plataformas coas que traballan habitualmente a diario, mentres que a xefa da Unidade da violencia sobre a muller resumiu as funcións dos protocolos e os pasos a seguir trala firma do acordo, que pasan por enviar a documentación á Secretaría do Estado en Madrid para continuar cos trámites que levarán a asinar o convenio entre o Ministerio de Interior e o Concello para a incorporación dos axentes indicados ao sistema VioGen.

A maiores dos trámites realizados, tamén se avanzou a composición da mesa que formará parte do sistema na cidade, con persoal da Policía Nacional, local, do servizo sociocomunitario, da subdelegación do goberno, entre outros, e que presidirá o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona.

 A alcaldesa destacou tamén a importancia de continuar avanzando nesta área co fin de erradicar esta lacra social e defendendo o traballo conxunto entre administracións. “Dende o Concello de Narón estamos a disposición para todo aquilo no que poidamos colaborar, porque consideramos que é un tema de gran importancia”, recalcou Ferreiro.

Finalmente, a rexedora local agradeceu “a oportunidade que se nos brindou e tamén os avances realizados dende esta Xunta Local de Seguridade para poder chegar ata a sinatura deste protocolo, unha ferramenta que nos permitirá traballar cada vez con maior coordinación”.

A subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas pola súa banda lembrou a importancia que que os concellos formen parte de este sistema de vixilancia e protección das vítimas, porque “sodes a administración que está máis achegada os veciños, e son por tanto as persoas que compoñen as policía locais de cada concello as que teñen un maior coñecemento da realidade local, o que sen dúbida é unha información de gran relevancia para actuar na protección das vítimas”.

Tras asinar o protocolo a subdelegada manifestou que “VioGen é unha boa ferramenta para traballar de xeito coordinado, e sobre todo moi útil para seguir avanzando na protección das vítimas de violencia machista, que é o que entre todos perseguimos”.

Neste senso recordou que “a loita contra a violencia de xénero é unha tarefa do conxunto da sociedade, pero na que todas as institucións nos debemos de implicar ao máximo”, e por iso dende a subdelegación do Goberno “seguiremos traballando co obxectivo claro de sumar cada vez a máis concellos o sistema de protección de vítimas”.

María Rivas fixo un chamamento para que aqueles concellos que contan con policía local e que aínda non se incorporaron a VioGen para que se animen. Actualmente son 58 os concellos da provincia que contan con estes efectivos polo que, a día de hoxe, o 38% dos concellos estarían dentro de VioGen.

O sistema VioGen posibilita que a Policía Local teña información permanente sobre os casos activos dentro do seu ámbito de actuación. De este xeito, os axentes da policía local, logo de facer a correspondente xunta de coordinación co resto de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, asume tarefas de seguimento e control de algúns de casos activos, por norma xeral aqueles que son considerados de nivel de risco baixo ou non apreciado.

A subdelegada do Goberno recordou que actualmente temos 2.275 casos activos na provincia da Coruña. Polo que VioGen ten como cometido prioritario atender e protexer a 2.198 as vítimas de violencia de xénero, “2.198 mulleres coas súas correspondentes familias que precisan algún tipo de protección para desenvolver, con certa seguridade, as súas vidas. Son 2.198 poderosísimas razóns que nos cominan a seguir traballando para darlles seguridade a protección, e que nos obrigan a seguir traballando para acadar a erradicación das violencias machistas”.

A subdelegada quixo trasladarlle á alcaldesa, Marian Ferreiro, o seu agradecemento por promover esta adhesión, e “polo compromiso que con elo adquires no desenvolvemento de políticas de igualdade e de loita contra la violencia de machista, tal como se evidencia nas medidas adoptadas e que culminarán coa incorporación da Policía Local ao sistema VioGen”.

Ademais María Rivas, recordou que Narón recibiu dende o ano 2018 un total de 78.838,68 euros a través dos fondos do Pacto de Estado para actividades de prevención e sensibilización nesta materia.

A subdelegada quixo recordar que o pasado 22 de xaneiro o concello de Narón puxo en marcha a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, nela incorporáronse axentes de diferentes ámbitos (policial, sanitario, educativo, servicios sociais ou xustiza) para facer as súas aportacións á loita pola igualdade e contra a violencia machista. Deste modo Narón xa conta con estes dous instrumentos para seguir loitando contra a violencia machista.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …